Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O Colexio achégase ao mundo universitario

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

27/04/2018

Nova: O Colexio achégase ao mundo universitario

Baixo o título âSaídas laborais: as claves do éxitoâ, o Colexio celebrou nas últimas semanas tres xornadas nas que se deu a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e de Economía os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles.

Celebradas dous delas na Coruña (en CESUGA e na  Facultade de Economía e Empresa da UDC) e unha Santiago (Facultade de Ciencias Empresariais da USC), estas xornadas de Competencias Profesionais son así mesmo un modo de dar a coñecer aos estudantes cal é o papel que o Colexio pode xogar no seu desenvolvemento profesional e como pode axudalos, orientalos e acompañalos nos seus primeiros pasos no mercado laboral.

Para abordar os diferentes campos do exercicio da profesión e as súas saídas profesionais, interviñeron nas diferentes xornadas: Agustín Fernández Pérez, economista, auditor de contas e socio de Audiesa;  Isaías González García, economista e avogado en ARGO Asociados Avogados e Asesores Tributarios, S.L.P., e Jorge Borrajo Deus, economista, auditor de contas, administrador concursal e socio de Iberaudit Kreston

Para ofrecer aos estudantes os diferentes roles que  un economista pode xogar na empresa, participaron Alfonso López Pena, economista, Membro do Comité do Directorio de Xestión e Estratexia e Director Xeral do Grupo Losán; Vicente Martín Egaña, socio Director de Zincapital e socio de NBB M&A Advisors, Carlos Martínez Rubinos, director xeral de Ipasa-Sanbrandán e Rada Zavaronkova, Finacial Adviser en Norinver Montaxes e Enxeñaría.

Pola súa banda, Miguel A. Vázquez Taín, decano do Colexio de economistas da Coruña, foi o encargado de presentar o Colexio aos estudantes, explicándolles os diferentes servizos que ofrecemos, principalmente aqueles que poden ser máis necesarios no momento no que se dispoñen a finalizar os seus estudos universitarios, como poden ser a formación e a bolsa de emprego.  

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade