Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Formación continua auditores: o 30 de setembro finaliza o segundo trienio

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

04/07/2018

Nova: Formación continua auditores: o 30 de setembro finaliza o segundo trienio

O próximo 30 de setembro 2018 finaliza o segundo trienio do período de cómputo en relación á obrigación de formación continuada dos auditores, que comezou o 1 de outubro de 2015.

De acordo coa normativa de auditoría en vigor actualmente, os auditores de contas inscritos no ROAC, en situación de ejercientes, ou de non ejercientes que prestan servizos por conta allea, deberán realizar actividades de formación continuada por un tempo equivalente, polo menos, a 120 horas en cada período de 3 anos, cun mínimo de 30 horas anuais. Dese tempo, polo menos, 20 horas de formación continuada en cada ano e 85 horas en cada período de 3 anos deben realizarse en materias relativas a auditoría de contas e contabilidade.

É obrigatorio realizar 30 horas cada anualidade, independentemente de que xa se teñan as mínimas trienales.

Lembramos que, de acordo coa normativa en vigor, o incumprimento da obrigación de realizar as actividades de formación será considerado como infracción grave e, por tanto, estará suxeito ao réxime sancionador establecido.

 

Os nosos CURSOS DENTRO DO PERÍODO ANUAL 2017/2018 DE FORMACIÓN OBRIGATORIA PARA AUDITORES (fin de trienio):

 

Curso práctico sobre a aplicación de software de auditoría Zifra do REA Auditores

A Coruña, 18 de setembro

8 horas en formación obrigatoria para auditores en materia de auditoría

 

Auditoría da área fiscal

A Coruña, 27 de setembro, 9:30 a 15:30 horas

5 horas homologadas en formación obrigatoria para auditores en materia de auditoría

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade