Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Miguel A. Vázquez Taín, reelixido como presidente do Consello Galego de Economistas

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

26/10/2018

Nova: Miguel A. Vázquez Taín, reelixido como presidente do Consello Galego de Economistas

En reunión extraordinaria celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, procedeuse á designación da nova Xunta Directiva do Consello Galego de Economistas, que queda encabezada novamente polo noso decano, Miguel A. Vázquez Taín, quen repite mandato á fronte da entidade.

Esta designación da nova Xunta Directiva da entidade baixo cuxo paraugas se agrupa a todos os economistas galegos, responde así ao mandato do establecido na Lei 11/2016, de 19 de xullo, de creación dos colexios provinciais de economistas por fusión dos colexios de titulares mercantís e de economistas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que ordena adaptar os estatutos do Consello Galego á nova realidade colexial establecida tras a devandita unificación.

Deste xeito, e como resultado do aprobado nesta reunión extraordinaria, a nova Xunta Directiva do Consello quedou constituída do seguinte modo:

· Presidente:  D. Miguel Anxo Vázquez Taín

· Vicepresidente 1º: Juan José Santamaría Conde

· Vicepresidente 2º: Salustiano Veo Sabín

· Vicepresidente 3º: Guillermo Díez Igrexas.

· Secretario: Félix Rodríguez Regueiro

· Vicesecretario: Andrés Manuel Caso Martínez

· Tesoureiro: Carlos Quintas Fariñas

· Vogais: José A. Canalejas Couceiro; Francisco Estévez Alonso; Agustín Fernández Pérez; José Antonio López Alvarez; Carlos Mantilla Rodríguez; e Jesús A. Vázquez Pérez.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade