Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O Colexio premia o talento do Nadal dos máis pequenos

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

26/12/2018

Nova: O Colexio premia o talento do Nadal dos máis pequenos

O pasado 21 de decembro tivo lugar na sede do Colexio a entrega de premios do II Concurso infantil de Postais de Nadal. Unha xornada festiva e entrañable que rexistrou o curioso dato de que o tres galardoadas nesta ocasión foron nenas.

O decano do Colexio, Miguel A. Vázquez Taín, oficiou de mestre de cerimonias presentando -coa axuda dunha proxección- as 26 postais presentadas este ano ao concurso, as cales, divididas por idade en tres categorías, foron valoradas polo xurado, composto polos membros da Xunta de Goberno do Colexio e polo patrocinador do evento, Parada Doce.

O resultado das devanditas valoracións foi o seguinte:

·         Gañadora Categoría A, ata 4 anos: Sofía Barreiro López, de 2 anos

·         Gañadora Categoría B, de 5 a 8 anos: Alba Vázquez Santiso, de 8 anos

·         Gañadora Categoría C, de 9 a 12 anos: Lucía Gamundi Souto, de 9 anos

Ademais, a postal de Alba Vázquez foi a elixida entre as gañadoras como postal institucional do Colexio no pasado nadal.

Ademais dunha variedade de chuches a cargo de Parada Doce, todos os participantes recibiron un diploma de participación e un obsequio. Como premio, o tres gañadoras recibiron así mesmo un xoguete educativo acorde á súa idade.

Á finalización da entrega de premios todos os adultos e pequenos gozaron dun ágape do Nadal na mesma sede colexial.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade