Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Barómetro de Economía, primeiro semestre de 2019: prevese unha retardación significativa da economía

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

18/07/2019

Nova: Barómetro de Economía, primeiro semestre de 2019: prevese unha retardación significativa da economía

O 79,7% dos economistas galegos opina que  a economía se arrefriará nos âpróximos meses cunha importante retardaciónâ  e o  18, 5% estima que seguirá nos parámetros actuais. A provincia de Lugo, cun 68,7%, sitúase como a máis negativa seguida pola Coruña, cun 66,6%, mentres que os economistas de Ourense  rebaixan a percepción crítica ata o 49 %.  Pola súa banda, os colexiados de Pontevedra móstranse como os máis optimistas cun 29,3% ao considerar que âseguirá nos parámetros actuaisâ.

Os datos despréndense dos resultados do âBarómetro de Economíaâ correspondente ao primeiro semestre de 2019, realizado polo Consello Galego de Economistas, órgano que aglutina aos colexios de economistas do catro provincias. O estudo recolle a opinión do colectivo de colexiados economistas galegos en relación a parámetros crave da economía provincial, rexional e nacional. O traballo destaca pola súa actualidade posto que se realizou entre a última quincena de xuño e a primeira semana de xullo.

No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá en Vigo, na sede do Círculo de Empresarios, participaron a directora do estudo, María Jesús Freire Seoane, profesora titular do departamento de Análise Económica na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Tamén asistiron o presidente do Consello, Miguel Vázquez Taín, e o decano do Colexio de Economistas de Pontevedra e vicepresidente do Consello, Carlos Mantilla Rodriguez, quen exerceu de anfitrión.

Cabe sinalar que son os trabadores da industria (88,6), administración pública (82,9) e servizos (82,7) quen perciben a economía de maneira máis negativa. As respostas dos traballadores procedentes da banca (27,8%) e da consultoría (19,1%) son lixeiramente máis optimistas e opinan  que a economía seguirá en situación similar.

Os economistas consideran -nun 54,7%- que a economía está igual que o ano anterior, o 20,8% afirma que está peor e o 22,7% asegura que mellorou. Son os colexiados que traballan no  sector da construción, banca e servizos os que teñen unha percepción máis positiva sobre a evolución económica, mentres que  xubilados e asalariados do sector privado móstranse máis negativos, 26,6% e 22% respectivamente. Por último, os colexiados da Coruña (25,6%) son os máis positivos sobre a percepción económica provincial e os de Pontevedra destácanse por considerar que está igual ao ano pasado (65,2%). 

O problema dos prezos

As tensións inflacionistas e a evolución dos prezos foi un dos temas suscitados na presente análise da situación económica. Sobre esta cuestión, a maioría dos profesionais (54,1%) declaran que âestán estabilizados, pero nalgúns produtos percíbense subidas destacadasâ. Os colexiados de Lugo (73,4%) son os máis rotundos na valoración sobre a estabilidade dos prezos, seguidos de Pontevedra (55,4%), Ourense (54,9%) e A Coruña (44,4%). Son os colectivos de xubilados e asalariados do sector público os máis críticos coa estabilidade dos prezos.

Mercado da vivenda

A vivenda tamén ocupa un espazo propio no primeiro barómetro de 2019. É maioritaria a opinión de que a vivenda se está revitalizando, aínda que os prezos soben só en zonas moi concretas (43%). Pola súa banda, o 29,9% considera que os prezos empezan a subir de modo xeneralizado e o 6,8% sostén que o mercado permanece conxelado. A posición optimista sobre a revitalización do mercado da vivenda localízase preferentemente nas provincias de Ourense (82,6%) e A Coruña (77,7%).

O paro e a dimensión empresarial, principais problemas

Para os profesionais, o paro (60%) e a dimensión das empresas galegas (50%) ocupan os lugares prioritarios dos problemas da economía. E mesmo incrementa porcentualmente o nivel de preocupación respecto de anteriores Barómetros. O terceiro lugar ocúpao o déficit de infraestruturas e comunicacións, cun 46% dos entrevistados. Este problema é especialmente perentorio para os colexiados de Lugo (67%).

Do mesmo xeito que en anteriores análises do colectivo profesional, a mellora do sistema educativo (8,6 sobre 10),  seguido da  creación de novos nichos de emprego (8 sobre 10) ou a captación de investimento estranxeiro (7,8 sobre 10) son as opcións máis valoradas para fomentar o emprego e lograr un reforzamento do tecido empresarial de Galicia. 

 

*Notas destacadas do estudo:

 

· Os profesionais de Pontevedra son os máis optimistas e opinan nun 29,3% que a economía âseguirá igualâ. 

· A maioría dos colexiados cre que os prezos están estabilizados pero nalgúns produtos percíbense subidas destacadas 

· A vivenda está a recuperar terreo, aínda que os prezos soben en zonas moi concretas segundo a percepción do colectivo 

· Os profesionais opinan que o paro e a inadecuada dimensión das empresas galegas seguen sendo os principais problemas da economía de Galicia 

· A mellora do sistema educativa e a procura de novas oportunidades de emprego, son as opcións máis valoradas para mellorar a situación económica

 

[Acceso ao Barómetro]

[Resumo de prensa]

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade