Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Inscrición aberta: XIII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal e Societario

Fonte: Consello Galego de Economistas

19/07/2019

Nova: Inscrición aberta: XIII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal e Societario

 

Durante os próximos días 10 e 11 de outubro, o auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acollerá a décimo terceira edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal e Societario, organizado polo Consello Galego de Economistas. 

Como en convocatorias precedentes, destacados representantes da esfera académica, xudicial e profesional debaterán sobre aspectos controvertidos e de máximo interese en materia concursal e societaria. Nesta edición, ampliamos as tradicionais temáticas do foro a outras de máxima actualidade, como son os delitos económicos ou as reclamacións de transportistas contra o cártel de fabricantes de camións. 

Resolver os principais problemas prácticos, aclarar e coñecer os últimos pronunciamentos jurisprudenciales ou anticiparse ao ciclo económico e ao desenvolvemento e aplicación das novidades lexislativas conforman o obxectivo fundamental deste novo Encontro, que esperamos continúe tendo a confianza de asistentes procedentes de todo o panorama nacional.

[MÁIS INFORMACIÓN]

[SOLICITAR INSCRICIÓN]

 

 

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade