Fonte: Consello Galego de Economistas
28/11/2022
A Quenda de Actuación Profesional (TAP) é un servizo que os Colexios de Economistas que integran o Consello Galego de Economistas estableceron para atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos economistas que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais, periciais ou de auditoría.
O TAP ten ademais a finalidade de cumprir o establecido no art. 27.3 da Lei 22/2003, Concursal (en vigor ata que se aprobe o Regulamento da administración concursal segundo establece a disposición transitoria quinta da Lei 16/2022, de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concursal). No devandito artigo determínase que os colexios profesionais presentarán, no mes de decembro de cada ano, para a súa utilización desde o primeiro día do ano seguinte, as respectivas listaxes de persoas dispoñibles para actuar como administradores concursais.
Cumpre tamén co estipulado no art. 341.1 da Lei 1/2000, de Enjuiciamiento Civil, que dispón que no mes de xaneiro de cada ano interesarase dos distintos colexios profesionais unha lista de colexiados dispostos a actuar como peritos.
Requisitos a cumprir:
A incorporación ás listas das Quendas de Actuación Profesional require o cumprimento dos seguintes requisitos.
Requisitos xerais para todas as listas:
(1) Consulte AQUÍ as condicións específicas do Convenio do Consello Galego de Economistas coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
(2) Requisitos a cumprir para o alta nas listas de Administradores Concursais
As seguintes condicións foron establecidas co fin de dar cumprimento aos establecido no artigo 27 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, que permanecerá en vigor ata que se aprobe o Regulamento a Lei Concursal, segundo estipula a Disposición transitoria quinta da Lei 16/2022 de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concursal.
LISTAS TAP 2023:
Formularios de solicitude:
Para solicitar alta ou renovación nas listas TAP para 2023 cumprimente o formulario que se activará picando aquí.
Prazos:
Solicitude de alta ou renovación: ata o 20 de decembro de 2022.
Acreditación da formación: ata o 28 de decembro de 2022. (Os colexiados/as no Colexio de Economistas da Coruña, só deberán acreditar a formación realizada a través doutras entidades alleas ao Colexio ou ao Consello Galego de Economistas).
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org