Fonte: Consello Galego de Economistas
28/11/2024
Especialmente dirixido para aqueles que desexen formar parte das Listas de Mediación da Quenda de Actuación Profesional (TAP) de 2025 e precisen desta formación continua.
O Real Decreto 980/2013 de 13 de decembro, que desenvolve determinados aspectos da Lei 5/2012, de 6 de xullo de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís, destaca no seu artigo 6, a necesidade da formación continua dos mediadores e establece que, Os mediadores deberán realizar unha ou varias actividades de formación continua en materia de mediación, de carácter eminentemente práctico, polo menos cada cinco anos, as cales terán unha duración total mínima de 20 horas.
Organizado polo Consello Galego de Economista e o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, este curso vai dirixido a todos aqueles mediadores que precisen desta formación continua, proporcionándolles unha formación que lles facilite afrontar con solvencia os procesos de mediación, así como un necesario adestramento nos devanditos procesos. Deste xeito obterase unha adecuada competencia, tanto teórico-práctica como profesional, neste ámbito.
Para iso, comprende un recordatorio da formación teórica, que inclúe o marco xurídico da mediación, o proceso e as técnicas de comunicación, de xestión de emocións, de negociación e de resolución de conflitos, así como, e fundamentalmente, unha formación práctica efectiva que se realizará a través de exercicios, vídeos e simulacións de casos, nos que se traballarán as técnicas e as distintas fases do proceso de mediación dunha maneira dinámica e participativa, que reforzará a capacitación necesaria para desempeñar a actividade mediadora dunha maneira eficaz e profesional.
PROGRAMA:
RELATOR:
Rosa Sánchez González-Dans. Licenciada en dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED. Especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da Comisión de Mediación do ICA da Coruña e é coordinadora e mediadora no Servizo de Mediación do mesmo.
DATAS E MODALIDADE DE CELEBRACIÓN:
- Datas: 9, 11, 12, 16 e 18 de decembro de 2024. En horario de 16:30 a 20:30 horas. 20 horas (en 5 sesións de 4 horas)
- Modalidade: Presencial (Salón de Actos do ICA Coruña.) e Online (Plataforma ZOOM)
MATRÍCULA:
- Economistas e colexiados ICA Coruña: 75€
- Resto de asistentes: 100€
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org