Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

ACTOS CONMEMORATIVOS DO 30 ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DO COLEXIO

Fonte: Colexio de Economistas de Pontevedra

17/06/2011

Nova: ACTOS CONMEMORATIVOS DO 30 ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DO COLEXIO

 

   Dentro dos actos programados con motivo do 30 aniversario do Colexio, celebrarase o próximo 22 de xuño no Centro Cultural Novacaixagalicia un Acto Institucional no que se recibirá aos novos colexiados, efectuarase a entrega de insignias de prata a Economistas Distinguidos e nomearase Economistas Eméritos.

   Seguidamente recibirase como Colexiado de Honra ao intelectual e artista galeguista  D. Isaac Díaz Pardo, quen entrará a formar parte xunto con D. Julián  Zarauza Andina, D. Xaime Illa Couto, Juan Ramón Quintás Seoane e D. Luís Suarez-Chairos Gómez do grupo de distinguidos con este nomeamento.

   O día 23 celebrarase no Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financeiro Vigo unha Mesa Redonda titulada "España e Portugal: Os custos da crise", nela intervirán D. Rui Leao Martinho, Bastónario (Presidente) da Ordem dos Economistas de Portugal, D. Valentí Pich, Presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, o Dr. Mario Abreu, directivo da Ordem dos Economistas de Portugal e o profesor Dr. Antonio Costas Comesaña, catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona.

   Finalizando esta serie de actos o día 24 no Parador de Baiona coa Xunta Xeral Ordinaria correspondente ao primeiro semestre do ano e a tradicional Cea-Baile de Confraternidade, que celebramos todos os anos con motivo da festividade do noso Patrón, San Pablo.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade