
Fonte: Colexio de Economistas de Pontevedra
28/06/2011
Dentro dos actos do XXX Aniversario de constitución do Colexio, o pasado día 22 nomeouse Colexiado de Honra ao intelectual e artista D. Isaac Díaz Pardo, quen entrou a formar parte xunto con D. Julián Zarauza Andina, D. Xaime Illa Couto, Juan Ramón Quintás Seoane e D. Luís Suarez-Chairos Gómez do grupo de distinguidos con este nomeamento.
O acto estivo presidido pola Conselleira de Facenda, Dª Marta Fernández Currás, encargándose o colexiado e presidente de Adegas Terras Gauda, D. José Mª Fonseca de facer un laudatio da figura de D. Isaac, centrándose en tres vertentes da súa personalidade: a de artista, a de empresario e a de compaginador do altruísmo cunha gran vocación por Galicia.
© 2007 Consello Galego de Colexios de Economistas
Avda. de Lugo, 115 baixo. 15702 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 573236 | Fax: 981 572863 | consellogalego@economistas.org