Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Convocatoria da VII Edición do Premio á Investigación Fundación Eduardo Barreiros 2012

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

18/01/2012

Nova: Convocatoria da VII Edición do Premio á Investigación Fundación Eduardo Barreiros 2012

A Fundación Eduardo Barreiros convocou a VII Edición dos Premios que levan o nome do empresario e pioneiro da industria española de automoción.

Outorgarase un premio a unha personalidade de recoñecido prestixio e outro a un traballo de investigación científica, aplicada, industrial ou histórica, debidamente documentado, concluído no últimos cinco anos.

Estes premios consistirán, respectivamente, nunha escultura deseñada por Jacobo Pérez-Enciso e na cantidade de nove mil euros (9.000 €).

O xurado estará composto polos membros do Consello Asesor da Fundación Eduardo Barreiros e por persoas de recoñecido prestixio dentro do campo da Automoción, e dará a coñecer o seu fallo no mes de abril do ano 2012.

O prazo de admisión dos traballos para esta VII Edición do Premio á Investigación Fundación Eduardo Barreiros pecharase o 30 de marzo de 2012.

Para máis información PICA AQUÍ 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade