Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

D. ANTONIO ROMEU E O PRF. PENA TRAPERO, ECONOMISTAS DE HONRA

Fonte: Colexio de Economistas de Pontevedra

27/10/2011

Nova: D. ANTONIO ROMEU E O PRF. PENA TRAPERO, ECONOMISTAS DE HONRA

 

O Colexio de Economistas de Pontevedra distinguiu o pasado 28 de outubro co nomeamento de Colexiados de Honra ao maxistrado emérito do Tribunal Supremo, D. Antonio Romeu Lorenzo, e ao Catedrático de Econometría das Universidades de Santiago de Compostela e da de Alcalá de Henares, D. Jesús Bernardo Pena Trapero.

D. Bernardo Pena é doutor en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais. Foi Director do Observatorio de Galicia do Instituto Nacional de Estatística. En 1971 accede á Cátedra de Econometría da Facultade de Ciencias Políticas e Económicas de Santiago de Compostela, hoxe Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da que foi decano en 1973. Impartiu docencia en Venezuela, Valencia e, finalmente, en Alcalá de Henares, ata a súa recente xubilación.   

D. Antonio Romeu é licenciado en Maxisterio e en Dereito. Foi profesor  de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago e, despois, na de Vigo. Ingresou na carreira xudicial en 1958 e ascendido a Maxistrado en 1974. Foi Xuíz Decano dos Xulgados de Vigo entre e membro da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. É Maxistrado emérito da Sala Primeira do Tribunal Supremo e foi recibido as Cruces Distinguida de 1ª Clase e a Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort.

O Colexio de Economistas valora aquí a formación en Economía cuantitativa e en Dereito que de ambos os profesores recibiron os seus alumnos.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade