
Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
12/01/2012
12-01-2012
A Administración Concursal a través da respectiva SEDE ELECTRÓNICA, con independencia de que conste ou non a súa condición de acredores no concurso, ha de comunicar o mesmo á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Axencia Tributaria, como queda recollido na LEI 38/2011, de 10 de outubro (BOE do 11) de modificación da Lei 22/2003, Concursal de 9 de xullo, no seu art. 21.4 referido ao auto de declaración do concurso.
En cumprimento desta norma, xa estáoperativa unha nova funcionalidade no Rexistro Electrónico da Seguridade Social denominada "Comunicación da Declaración de Concurso por parte da Administración Concursal á TGSS".
Do mesmo xeito que no resto de servizos dispoñibles no Rexistro Electrónico da Seguridade Social, para o seu acceso será necesario que o administrador concursal conte co correspondente certificado dixital ou co DNI electrónico.
Para maior facilidade de acceso a ruta a seguir: www.seg-social.es>Sede Electrónica>Rexistro Electrónico>Acceso ao Rexistro>Outros Procedementos>Comunicación de declaración de concurso á TGSS.
© 2007 Consello Galego de Colexios de Economistas
Avda. de Lugo, 115 baixo. 15702 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 573236 | Fax: 981 572863 | consellogalego@economistas.org