Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O Colexio subscribe un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago en materia de prácticas en empresas

Fonte: Colexio de Economistas de Lugo

10/04/2012

Nova: O Colexio subscribe un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago en materia de prácticas en empresas

Este convenio de colaboración ten como obxecto a realización de prácticas en despachos profesionais por parte dos alumnos da universidade compostelá que estean a cursar estudos de Grao en Administración de Empresas e Grao en Economía.

A finalidade principal deste programa de prácticas é que o desenvolvemento por parte dos alumnos daquelas tarefas adecuadas ao seu nivel de formación sírvanlles para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizado ou o seu período de estudos, poidan dispor dunha perspectiva que lles permita o seu futuro encaixe no mundo laboral.

Estas prácticas constarán como máximo de 150 horas (6 créditos) por período, incluíndo nestas horas o tempo de tutorías dos alumnos e computarase un crédito por cada 25 horas de prácticas. Ao final de cada período de prácticas cada alumno deberá realizar unha memoria final sobre o traballo realizado.

O feito de que o alumnado realice prácticas nunha entidade colaboradora non suporá ningún tipo de relación laboral nin a consideración de contrato en prácticas, aprendizaxe ou calquera outra modalidade existente, nin determinará a existencia de ningunha responsabilidade pola súa banda. Os alumnos que teñan menos de vinte e oito anos seguen baixo a protección do seguro escolar, mentres que para os que superen esa idade formalizarase obrigatoriamente a cargo de estudante un seguro específico no momento da súa matrícula na USC.

Así mesmo, os estudantes en prácticas non poderán realizar tarefas de responsabilidade na empresa ou entidade, nin realizar tarefas propias e exclusivas do persoal da mesma, e en todo caso as actividades estarán sempre orientadas á aprendizaxe práctica tutorizado. A empresa ou entidade tampouco poderá cubrir co estudante en prácticas ningún posto de traballo, nin sequera con carácter eventual ou interino.

Todos aqueles colexiados interesados en contar para os seus despachos con alumnos da USC en prácticas ao amparo deste convenio pódense pór en contacto coa Secretaría do Colexio.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade