Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Requisitos

Para colegiarse en calquera Colexio de Economistas de Galicia é necesario cumprir os seguinte requisitos:

ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de Doutor ou Licenciado en:
    • Ciencias Económicas e Empresariais.
    • Administración e Dirección de Empresas.
    • Economía.
    • Ciencias Actuariais e Financeiras.
    • Investigación e Técnica de Mercado.
    • Ciencias Políticas ou Económicas (Sección de Economía).
    • Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais (Sección de Económicas e Comerciais).
    • Intendente ou Actuario Mercantil.

 

  • Estar en posesión doutro título superior do Estado Español –como Grao ou Máster recoñecido- ou doutros Estados membros da Unión Europea, legalmente recoñecido segundo as disposicións vixentes, que supoña obter os coñecementos académicos para exercer as funcións propias da profesión de Economistas recoñecidas no R.D. 871/1977 e demais normas que o compelmenten, modifique ou substitúan.

  • Obter do Ministerio de Educación e Cultura a convalidación dun título estranxeiro por algún dos anteriores.

  • Obter do Ministerio de Economía e Facenda o recoñecemento dun título dun país da Unión Europea, para o exercicio da profesión de Economista. (Sistema regulado pola Orde do Ministerio da Presidencia de 19 de Maio de 1995, que desenvolve o R.D. 1665/91, en aplicación da Directiva da UE relativa ao recoñecemento de títulos universitarios de máis de tres anos de duración).

 

ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Han de cumprir unha das seguintes condicións:

  • Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto anterior.

  • Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
    • Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
    • Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade