Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Novas

Acordo entre o Consello Galego e a Dirección Xeral de Xustiza para as actuacións xudiciais

Fonte: Consello Galego de Economistas

24/05/2010

Nova: Acordo entre o Consello Galego e a Dirección Xeral de Xustiza para as actuacións xudiciais

O Consello Galego de Colexios de Economistas e a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia alcanzaron un acordo por medio do cal se garante aos economistas galegos a compensación económica pola asistencia xurídica solicitada a través da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deste xeito o Consello Galego farase cargo de xestionar todas as actuacións profesionais solicitadas que neste ámbito realicen os integrantes das listas das Quendas de Actuación Profesional do catro...

Nova completa

Conclúe o Curso de Cociña organizado polo Colexio

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

20/02/2012

Nova: Conclúe o Curso de Cociña organizado polo Colexio

O pasado venres tivo lugar na aula de Cociña do Centro de Formación da Asociación Hostalaría Compostela a segunda e última xornada do Curso de Cociña organizado polo noso Colexio. 

O menú ao que se enfrontaron nesta ocasión os alumnos gue o seguinte: Pastel de Cabracho, Paletilla de cordeiro e Coulane de chocolate. 

Como se pode apreciar na galería de fotos adxunta a esta noticia, estes aprendices de cociñeiros terminaron o curso cunha nota sobresaliente. 

A continuación deixamos a ligazón da reseña...

Nova completa

Nova Oferta de Emprego: 06/12 Compartir Despacho Coruña. Publicada 20 de febreiro

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

20/02/2012

Nova: Nova Oferta de Emprego: 06/12 Compartir Despacho Coruña. Publicada 20 de febreiro

A Bolsa de Traballo é un servizo exclusivo para os colexiados.

Cada vez que se publique unha nova oferta de traballo na sección "Emprego" actualizaremos esta noticia para lograr unha maior difusión da mesma entre todos os interesados.

Lembra que para acceder á información e inscrición nas ofertas de emprego debes acceder coas túas claves á zona privada. Se non dispós delas ponche en contacto coa Secretaría do Colexio (981 154325).

As ofertas que se atopan activas neste momento son as seguintes:

... Nova completa

Curso sobre a Reforma Laboral: Santiago, 16 de marzo 2012

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

17/02/2012

Nova: Curso sobre a Reforma Laboral: Santiago, 16 de marzo 2012

O Colexio organiza o seminario “Aplicacións prácticas da Reforma Laboral 2012”, que terá lugar o próximo día 16 de marzo na delegación do Colexio en Santiago. 

O pasado 11 de febreiro, transcorridos apenas 17 meses desde a publicación no BOE da última “reforma do mercado de traballo” levada acabo polo anterior goberno, foi publicado no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, que entrou...

Nova completa

ASPECTOS DE INTERES DA RECENTE REFORMA LABORAL

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

16/02/2012

Nova: ASPECTOS DE INTERES DA RECENTE REFORMA LABORAL

Notas aos aspectos concursais e fiscais

O pasado 11 de febreiro de 2012, transcorridos apenas 17 meses desde a publicación no BOE da última "reforma do mercado de traballo" levada a cabo polo anterior goberno, publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.

Dita reforma, entrou en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE, isto é, o 12 de febreiro de 2012. Despois dunha primeira lectura, e á espera...

Nova completa

COMUNICACIÓN DE CONCURSO EN SEDE ELECTRÓNICA DA AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

16/02/2012

Nova: COMUNICACIÓN DE CONCURSO EN SEDE ELECTRÓNICA DA AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA

 

O artigo 21.4 da Lei concursal, na redacción dada por Lei 38/2011, de 10 de outubro, impón á administración concursal a obrigación de comunicar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, Axencia Tributaria) a declaración de concurso polos medios que esta habilite na súa sede electrónica, conste ou non a súa condición de acredor.

Esta obrigación deberá cumprirse para todos os concursos que se declaren a partir do 1 de xaneiro de 2012 (Disposición transitoria 1ª.1 da Lei 38/2011...

Nova completa

XVII PREMIO DE INVESTIGACIÓN DEL CONSEJO ECONÓMICO Y SOCIAL

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

16/02/2012

Nova: XVII PREMIO DE INVESTIGACIÓN DEL CONSEJO ECONÓMICO Y SOCIAL

 

Un año más el Consejo Económico y social convoca un Premio de investigación con el objeto de promover y divulgar la investigación en las materias relacionadas con sus funciones. Este año se dedica al tema "Estado de bienestar y sistemas fiscales en Europa".


La investigación deberá contemplar la situación y los retos de la fiscalidad en Europa, enmarcada en un análisis previo de los sistemas de protección social en los Estados y, en su caso, en los tres niveles de responsabilidad gestora, que...

Nova completa

CONFERENCIA "Responsabilidade Mercantil e Penal: Sociedades e Administradores"

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

10/02/2012

Nova: CONFERENCIA "Responsabilidade Mercantil e Penal: Sociedades e Administradores"

O pasado 9 de febreiro do presente, tivo lugar no salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense a conferencia titulada "Responsabilidade Mercantil e Penal: Sociedades e Administradores", organizada polo Colexio de Economistas de Ourense  como preámbulo a un conxunto de sesións formativas que en materia concursal ambas as corporacións previron levar a cabo ao longo do ano 2012.

A conferencia, que estivo a cargo de D. ª Eva Mª Martínez Galego, Maxistrada do Xulgado 1ª Instancia nº 4 de Ourense...

Nova completa

V PREMIOS FUNDACIÓN BBVA FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

07/02/2012

Nova: V PREMIOS FUNDACIÓN BBVA FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO

A Fundacción BBVA, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), anuncia a quinta convocatoria dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento e convídanos a participar no nomeamento de candidatos/as a través do Colexio. As bases e información sobre o procedemento de nomeamento poden consultarse na páxina web: www.fbbva.es/awards.

Estes premios recoñecen a investigación e creación de excelencia, plasmada en avances científicos particularmente significativos de natureza...

Nova completa

XVIII Premio AECA de Artigos sobre Contabilidade e Administración de Empresas

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

06/02/2012

Nova: XVIII Premio AECA de Artigos sobre Contabilidade e Administración de Empresas

A Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA) organiza, coa axuda do patrocinio do Grupo Francis Lefebvre, o Premio AECA de Artigos sobre Contabilidade e Administración de Empresas. 

Na XVIII edición deste prestixioso galardón incorporouse á Auditoría de Contas como nova área temática diferenciada. O artigo gañador do Premio e o dous accésit serán publicados polo diario Cinco Días. 

O prazo de recepción de artigos finaliza o próximo 30 de marzo.

Os Premios AECA de Artigos...

Nova completa

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade