
Fonte: Consello Galego de Economistas
24/05/2010
O Consello Galego de Colexios de Economistas e a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia alcanzaron un acordo por medio do cal se garante aos economistas galegos a compensación económica pola asistencia xurídica solicitada a través da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.
Deste xeito o Consello Galego farase cargo de xestionar todas as actuacións profesionais solicitadas que neste ámbito realicen os integrantes das listas das Quendas de Actuación Profesional do catro Colexios que o integran, incluído o pago dos seus honorarios conforme ao establecido neste acordo.
Como se arbitra o funcionamento:
A Administración de Xustiza cursará directamente ao Consello Galego de Colexios de Economistas as solicitudes de designación de perito economista. O Consello canalizará os nomeamentos a través das listas da Quenda de Actuación Profesional do Colexio cuxo ámbito provincial coincida co da actuación profesional que haxa de realizarse.
Unha vez finalizada a súa actuación o colexiado emitirá factura ao Consello Galego de Colexios de Economistas que, á súa vez, facturará á Dirección Xeral de Xustiza, entidade que se comprometeu a realizar os pagos con periodicidade trimestral. Deste xeito garántese aos colexiados que as facturas correspondentes ás actuacións ante a Administración galega por designación do Consello serán abonadas no trimestre seguinte ao da súa emisión.
Importe da compensación económica:
A contía da compensación rexerase polos importes establecidos ao efecto pola Consellería e que se detallan a continuación:
Excepcionalmente en casos de especial complexidade o Xulgado competente pode determinar outras contías.
Normas de actuación:
En xeral, serán de aplicación as normas das Quendas de Actuación Profesional dos respectivos Colexios baixo cuxo ámbito se realice a actuación.
De forma específica establécese o seguinte en canto ao réxime de renuncias, aplicable en todos os casos:
O colexiado ao que se lle asigne un traballo non poderá renunciar ao mesmo, excepto por causa de forza maior debidamente justificada. A comunicación da renuncia deberá efectuarse por escrito no prazo de cinco días.
A renuncia inxustificada do traballo asignado dará lugar á excusión nesta Quenda de Actuación no ano Curso.
Taxas:
As xestións realizadas polo nomeamento e o cobro de honorarios devengarán unha taxa a favor do Consello Galego de Colexios de Economistas que ascenderá ao 10% dos honorarios facturados cun mínimo de 50,00 euros.
O importe da taxa será deducido dos honorarios a percibir polo Colexiado.
© 2007 Consello Galego de Colexios de Economistas
Avda. de Lugo, 115 baixo. 15702 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 573236 | Fax: 981 572863 | consellogalego@economistas.org