Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

NOVIDADES NORMATIVAS EN MATERIA TRIBUTARIA

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

08/01/2013

Nova: NOVIDADES NORMATIVAS EN MATERIA TRIBUTARIA

O próximo día 1 de xaneiro de 2013 iníciase o prazo de presentación da declaración Resumen Anual de Retencións e Ingresos a Conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2012 (modelo 190) e doutras declaracións informativas.

 

Entre as novidades normativas en materia tributaria para este exercicio merecen especial mención as seguintes:

 

-Novos tipos de IVE, coa consecuente modificación do 390

-Novos prazos de presentación nos modelo 184 e 347 (mes de febreiro)

-Novo réxime sancionador por incumprimento da obrigatoriedade de presentación telemática.

 

A correcta cumplimentación destas declaracións en todos os seus extremos é vital para a tramitación dos Borradores de declaración do IRPF 2012. Por iso a Axencia Tributaria, a través do seu Portal e Sede Electrónica, pon a disposición dos colaboradores sociais e declarantes unha serie de ferramentas entre as que se atopan os Programas de axuda para a confección das declaracións, a posibilidade de resolución de erros detectados en declaracións presentadas ou a verificación censal de contribuíntes.

 

Así mesmo, para acceder a moitos dos servizos que se prestan na Sede Electrónica da AEAT é necesario dispor dun certificado de firma electrónica. Estes teñen un período de validez que pode variar en función da autoridade certificadora e que no caso da FNMT é de dous anos para persoas xurídicas e tres para persoas físicas. A súa renovación debe facerse con 1 ou 2 meses de antelación á data de caducidade, non sendo necesaria para iso a presenza nas oficinas da Axencia Tributaria.

 

Co fin de axudar a presentar as declaracións por Internet e explicar as novidades nesta materia, a Axencia Tributaria celebrará varias sesións informativas.  No  caso concreto de Ourense, estas celebraranse os días 15 e 16 de xaneiro, ás 17 h no salón de actos da Delegación de Ourense.

Podes acudir á que mellor se adapte ás súas circunstancias.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade