Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

VISITA Á VICERRECTORÍA DO CAMPUS DE OURENSE

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

13/02/2013

Nova: VISITA Á VICERRECTORÍA DO CAMPUS DE OURENSE

O pasado venres 8 de febreiro de 2013 a Comisión de Formación da Xunta de Goberno do Colexio mantivo unha reunión coa Vicerreitora do Campus de Ourense Dª María Lameiras Fernández.

Na reunión que discorreu nun ambiente cordial e distendido, Guillermo Díez expuxo a idoneidade de asinar un novo acordo que recolla aspectos máis actuais da relación coa Universidade de Vigo.

María Lameiras comentou a preocupación desta Universidade polo emprendimiento, manifestando que a clave do desenvolvemento económico actual e futuro de España, da Autonomía e da cidade de Ourense reside no carácter emprendedor dos nosos mozos, de aí a súa promesa de considerar a presenza dun representante dos economistas ourensáns na Xornada de Puertas Abertas que terá lugar a principios do próximo mes de marzo, e que reunirá a estudantes da nosa provincia para informarlles das titulacións ofertadas polo Campus da nosa cidade e máis concretamente, a aqueles interesados na formación de titulacións relacionadas coa Economía como é o Grao en Administración e Dirección de Empresas.

A vicerreitora felicitou á nova Xunta de Goberno por iniciar a súa andaina con tanta enerxía tendo en conta os tempos de crises que atravesamos e sinalou que as sinerxías entre colectivos, grupos, institucións e persoas poden contribuír a unha mellora da situación polo que manifestou o seu compromiso dunha apertura á comunicación fluída entre ambas as institucións.

Ademais puntualizou en que os economistas han de gañar notoriedade de forma que a sociedade ourensá saiba que están aquí para axudar e non para provocar esta crise na que nos haxamos inmersos.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade