Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

VISITA Ao CONCELLO DE OURENSE

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

27/02/2013

Nova: VISITA Ao CONCELLO DE OURENSE

Hoxe xoves 27 de febreiro, unha comisión de representantes do Colexio de Economistas de Ourense asistiron á audiencia concedida polo Excmo. Sr. Alcalde da cidade, D. Agustín Fernández Galego.

O Decano do Colexio comezou a súa presentación sinalando o seu interese por que se produza un achegamento das diferentes institucións ourensás co colectivo Economistas por iso é polo que nestes primeiros meses do seu decanato estea a realizar unha rolda de visitas que ata a data están a ser moi positivas e frutíferas. O obxectivo final desta acción, non é outro que un achegamento dos nosos profesionais á comunidade, polo que Guillermo Díez manifestou “estamos aquí para poder interactuar coa sociedade ourensá en xeral”.

Pola súa banda, Agustín Fernández sinalou que o Concello como institución máis próxima aos cidadáns en cuestións relacionadas directamente coa vida diaria, considera moi adecuada a iniciativa desta Xunta de Goberno no seu achegamento á sociedade a través das diferentes institucións que representan aos cidadáns, motivo polo que sinala que “os economistas han de estar vinculados ao Concello”.

Noutra liña de actuación, o alcalde interesouse por posibles traballos de investigación que leve a cabo o Colexio relacionados con sectores da economía que poidan reportar beneficio económico á cidade de Ourense como poden ser o turismo e termalismo entre outros….

O alcalde manifestou a súa procura do compromiso dos colectivos profesionais en diferentes accións que beneficiarán nun futuro á cidade, e por conseguinte solicitou o apoio do noso colectivo nunha serie de proxectos entre os que cabe destacar, definir a localización do novo centro de saúde de Mariñamansa, a continuación das obras do Centro de Interpretación de Parques Naturais, a unión do Polígono de San Ciprián dás Viñas coa A-52 e a cesión do tramo nacional 120 para a creación da Rolda Boulevard.

Guillermo Díez manifestou a súa opinión persoal de que o que é beneficioso para a sociedade éo tamén para os economistas e comprometeuse a presentar ante a Xunta de Goberno que o preside, a solicitude de apoio do colectivo economistas o próximo 4 de marzo do presente.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade