Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

ACORDO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE VIGO

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

10/07/2013

Nova: ACORDO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE VIGO

O Colexio de Economistas de Ourense e a Universidade de Vigo presentaron, o luns 8 de xullo, un acordo de colaboración co obxectivo de ampliar a oferta formativa dos alumnos e promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico.

O Decano do Colexio de Economistas, D. Guillermo Díez Igrexas, destacou especialmente a necesidade de mostrarlle aos alumnos do Grao en Administración e Dirección de Empresas, a realidade económica que se atoparán ao termo dos seus estudos.

O Colexio de Economistas de Ourense facilitará aos estudantes o acceso a prácticas en empresas e despachos profesionais así como a incorporación ao mercado laboral dalgúns egresados universitarios.

O Convenio ten unha vixencia de catro anos prorrogables e entre outras achegas, cabe destacar o xa clásico "Reconocimento ao Mellor Expediente Académico do Grao en ADE", consideración que desde hai anos ten lugar no Acto de Gradación da titulación e que tivo unha gran acollida entre os alumnos que se graduan cada curso académico.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade