

Comprácenos anunciar a celebración das “X Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia”, unha cita que se consolidou como o principal foro profesional no ámbito da auditoría e a contabilidade na nosa comunidade.
Esta edición, que marca dez anos de traxectoria, celebrarase o 13 de novembro de 2025 en Santiago de Compostela, reunindo a expertos nacionais e autonómicos para debater sobre os retos actuais e futuros da profesión.
Nesta oportunidade, a Agrupación en Galicia do Instituto de Censores Xurados de Contas de España (ICJCE) e o Consello Galego de Economistas, en colaboración co Rexistro de Economistas Auditores (REA-CGE),
únense novamente co firme propósito de fortalecer as competencias profesionais, promover o intercambio de coñecementos e fomentar a adaptación do sector ás novas realidades normativas e tecnolóxicas.
A modalidade deste ano será mixta, permitindo adaptarse ás necesidades e preferencias de todos os participantes.
Poderás elixir entre a asistencia presencial no Auditorio de ABANCA en Santiago de Compostela ou a participación en modalidade Webinar, a través de videoconferencia.
Desta forma, ningún profesional quedará á marxe desta enriquecedora experiencia de actualización técnica e networking.
? 13 de novembro de 2025
? Auditorio de ABANCA – Santiago de Compostela
? Modalidade Webinar (en directo)
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
                    15782 Santiago de Compostela.
                    Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
 Correo electrónico: consellogalego@economistas.org